Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

PRESENTACIÓN


O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMAN. A BATALLA DE AVALON; Cimadevilla, Fernando; Ilustracións Zambrano, Jara; Ed Urco 2015; PVP 18€. 

Chega o fin a terceira parte das aventuras do profesor Hoffman. En "A batalla por Avalon" descubriranse os segredos da secreta Irmandade, e a súa relación co mito Artúrico e o mundo feérico.

Contarase coa presencia dos autores e haberá una exposición das ilustracións que se inclúen neste volume.


Teremos agasallos para os asistentes: pósters, marcapáxinas...


Xoves 26 de Febreiro 2015 as 20:00h 

ENTRADA LIBRE

"A illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre todos eles.
Continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. Que na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos mecánicos, reliquias de inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta a un novo e fascinante mundo secreto."